a eito! · última actualización: abril 2026
a eito! non recolle, almacena nin comparte ningún dato persoal. Non hai servidores, nin rexistro de usuarios, nin análises de uso, nin cookies. A túa privacidade é absoluta porque os datos nunca saen do teu dispositivo.
O permiso de micrófono úsase exclusivamente para gravar audio directamente desde a aplicación. As gravacións gárdanse de forma local no propio dispositivo e nunca se envían a ningún servidor nin a terceiros.
Todos os datos (letras, metadatos e audios) almacénanse localmente no dispositivo. O usuario ten control total sobre eles e pode exportalos ou eliminalos en calquera momento desde a propia aplicación.
a eito! é unha ferramenta técnica para organizar e gardar as túas propias letras e audios de forma privada. Como usuario, es o único responsable do contido que decidas introducir ou gravar. Se decides compartir estes ficheiros fóra da aplicación, es responsable de asegurar que tes os dereitos ou permisos necesarios para facelo.
A aplicación proporciónase "tal cal" e para uso local. O desenvolvedor non se fai responsable da perda de datos (por exemplo, por fallos do dispositivo ou se se borra a aplicación), polo que se recomenda usar as funcións de copia de seguridade incluídas.
Para calquera dúbida ou consulta, podes 🌚